domingo, 21 de enero de 2024

DENSIDADE E FLOTABILIDADE 🌊

Neste experimento aprendemos sobre o principio de densidade e flotabilidade.

Precisamos:

-Auga 💧

- Gasosa 🥤

- Pasas 🍇

- Vasos 🥛


Para comprobar a densidade das pasas, introducímolas nun vaso con auga e descubrimos que ao ser máis densas que a auga, fúndense e caen ao fondo.

Posteriormente introducimos as pasas no vaso con gasosa e observamos como as burbullas de gas que contén o refresco se pegan á pel das pasas, comezando a ascender polo vaso. Ao chegar ao borde do líquido as burbullas entran en contacto co aire e rebentan, polo tanto as pasas, pola súa densidade, volven caer ao fondo.



miércoles, 3 de enero de 2024

DE QUE COR É A MANCHA DE ACEITE?🫒

Necesitamos:
  • aceite 
  • unha folla de papel
  • unha pipeta
Que facemos:

Deixamos caer no papel unhas pingas de aceite para formar unha mancha pequena. 

Se se expón á luz verase unha mancha escura sobre un fondo branco. Pero se se pon a folla a contraluz verase unha mancha branca sobre un fondo escuro.

Explicación:

O papel impregnado de aceite é máis transparente.

Se se expón a folla de papel á luz, a mancha vese escura, porque sendo transparente deixa pasar a luz e non reflicte.

Pero se expón a folla a contraluz, a mancha vese branca, luminosa, porque ao ser transparente deixa pasar a luz que non deixa pasar a folla de papel.

            

martes, 2 de enero de 2024

🍂POR QUE CAMBIAN DE COR AS FOLLAS EN OUTONO? 🍂

O outono é unha época do ano moi interesante, que nos permite investigar e descubrir que lle ocorre ás follas das árbores coa baixada de temperatura e a redución das horas de sol.

A través da técnica de cromatografía, extraemos os pigmentos das follas dunha árbore de diferente cor, e descubrimos que lles ocorre.

Precisamos:

- Follas.

- Alcohol.

- Papel de cociña ou filtro de café.

- Morteiro.

- Recipientes.


➡️AS FRECHAS QUE MUDAN DE DIRECCIÓN ↔️

A refracción é un fenómeno óptico que quixemos aprender facendo un experimento moi sinxelo.

Cando o vaso está baleiro, a luz atravésao con unha mínima desviación, así vemos as frechas na mesma posición nas que a veriamos sen o vaso diante.

Ao encher o vaso con auga, este funciona como unha lente cilíndrica. Ao pasar a luz do aire á auga, ten lugar a refracción, fenómeno que desvía a luz e provoca que a dirección da frecha pareza invertida.


ARQUIVO EXPERIMENTOS 2025

Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue aumentando! Os experimentos creámolos sobre uns d...