EXPERIMENTOS CURSO 2022/2023

 

EXPERIMENTAMOS CO NOSO SON.

Estivemos experimentando co noso propio son, máis concretamente coas nosas vibracións, para ver como estas fan reaccionar ás boliñas de porexpan que tiñamos preparadas nunha superficie lisa e tensa.


 

O ALCOHOL DE ROMEU

Preparamos alcohol de romeu, é moi fácil de facer e ten moitas propiedades medicinais.

Puxemos nun tarro de cristal a macerar follas de romeu en alcohol nun lugar escuro e uns días despois observamos que o alcohol xa ten a cor e o cheiro da planta.

Esperamos 15 días, filtrámolo e xa está preparado. O alcohol adquiriu todas as propiedades medicinais do romeu grazas á maceración.


 

NOGALINA

A nogalina é unha tintura natural que se obtén da casca que envolve ás noces. Aprendemos o proceso para obter este produto dos froitos que recollemos na natureza.

Logo experimentamos tinguindo diferentes materiais e tamén pintamos con ela.


 

TINGUIMOS CON REMOLACHA

Seguimos preparando tinturas con produtos naturais.

Investigamos a que se debe a cor da remolacha: A betalaína é o pigmento encargado de darlle esa coloración case brillante á remolacha e conséguese a partir de utilizar tirosina, un aminoácido que só producen as plantas e outros microorganismos, pero non os animais. A remolacha produce a tirosina pero non a necesita, así que comezou a realizar un segundo uso dentro do seu metabolismo e terminou creando esa cor púrpura.

Tinguimos arroz e espaguetes, que tiñan un aspecto asqueroso, para xogar no Samaín.


 

CÚRCUMA

Investigamos, experimentamos, tinguimos e pintamos con cúrcuma.

Buscamos información sobre a súa orixe, utilidades e beneficios.

A cúrcuma é unha raíz do sur de Asia que se usa como especia na cociña para darlle cor e aroma aos guisos e é unha das principais herbas que se usa para elaborar o curry. Pero o seu verdadeiro superpoder é antioxidante, antiinflamatorio, antidepresivo e dixestivo.

A súa cor amarela-alaranxada débese a un pigmento chamado curcumina, cargado de compostos fenólicos (antioxidantes), responsable dos seus beneficios e propiedades.


COGOMELOS

Investigamos sobre os cogomelos que collemos paseando no outono.

Buscamos información sobre os seus nomes científicos e construímolos xogando coas letras de madeira. Aprendemos o nome das súas partes. Descubrimos que soltan esporas para reproducirse, que lle caen das láminas que teñen baixo o sombreiro e vímolas cos microscopios. Observamos que as esporas dos cogomelos varían de cor segundo a especie.

Comparamos as súas características, forma, tamaña cor, medímolos e tamén os pesamos.




 

LIMPEZA DE MOEDAS

Estivemos experimentando con distintos materiais para averiguar cal era o mellor limpador de moedas, escollemos moedas de cobre, pois son as que se oxidan con máis facilidade co contacto co osíxeno. Fixemos moitas prediccións pero o resultado sorprendeunos a todos. 


CIRCUÍTO ELÉCTRICO CON PLASTILINA CONDUTORA

Fixemos tres circuítos eléctricos na palabra paz, un en cada letra.

Utilizamos: plastilina condutora, lEDs de cores, 3 pilas de 9V e cables con pinza de crocodilo.

Fixemos bólas de plastilina e colocámolas, sen que se toquen, sobre as letras.

Picamos cada patiña do LED nunha bóla, (a pata longa ha de conectarse ao borne +). Conectamos os cables de crocodilo un ao borne + e o outra ao – da pila e acéndese a luz. Se non se acende, investimos as patitas.



EXPERIMENTO DE ABSORCIÓN

Coa motivación do Día da Paz experimentamos a absorción con algodón, líquidos e pipetas.

Primeiro practicamos o uso das pipetas e comprendemos porque se poden transferir líquidos: apertamos para baleirala de aire e ao introducila no líquido entra nela para ocupar o espazo que deixou o aire.

O algodón é altamente hidrófilo, ten unha gran capacidade para absorber a auga. A través desta propiedade o algodón pode absorber o 340% do seu propio peso en auga.

Botamos a auga coloreada coa pipeta lentamente, pinga a pinga, pois así entra máis cantidade nos algodoncitos.


 

11 DE FEBREIRO: DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA.

Para celebrar o Día internacional da nena e a muller na ciencia traballamos a figura de Marie Courie e a repercusión que tivo descubrindo a Radioactividade. Creamos circuitos eléctricos cos nenos con LEDs, cinta conductiva e unha pila de botón. Recortamos a figura desta importante científica e ao iluminala podía verse o esqueleto.


 

EXPERIMENTO: COMPÁS CASEIRO

Estivemos experimentando con imáns e aprendendo algunha das súas utilidades. Unha delas é o Compás que serve para orientarnos e para saber cara onde están os puntos cardinais dende a nosa posición. Fabricamos un compás caseiro e comprobamos se funcionaba correctamente.

Mirade este vídeo e veredes como resultou o noso experimento.


EXPERIMENTO SOBRE ELECTRICIDADE ESTÁTICA

A electricidade estática é un fenómeno sorprendente sobre o que se poden facer multitud de experimentos e así alimentar a curiosidade dos máis pequenos. Desta volta empregamos os globos para probar os efectos deste fenómeno, e descubir que uns materiais teñen tendencia a adquirir electróns e outros a desfacerse deles. Deste xeito, no noso experimento, ao frotar o globo contra o pelo, este perde electróns, e o globo gáñaos.

En resumo: o globo atrae aos pelos, e ademais os cabelos repélense entre eles. As cargas de distinto signo atraense e as de igual signo repélense.


 

EXPERIMENTAMOS CON XEO

Estivemos probando diferentes maneiras de desfacer o xeo e demos coa máis rápida, empregar sal. Aprendemos que o sal ten a propiedade de disminuir o punto de conxelación da auga, co cal, ao entrar en contacto co xeo, vai fundíndoo e creando pequenos orificios.


 

TINTA INVISIBLE

Con este experimento aprendemos que o limón é un fruto cítrico, os cítricos conteñen un ácido que se chama ácido cítrico que é un compuesto orgánico. Cuando o achegamos a unha fonte de calor, neste caso una vela, xeramos una reacción química de carbonización. A parte que ten o ácido cítrico do zume de limón oxídase deixando unha sustancia de cor marrón.


 

 

EXPERIMENTOS PARA CELEBRAR O DÍA DA TERRA

O día 22 de abril celebrouse o día da Terra, e para concienciar ao noso alumnado da importancia de coidala, botamos man da ciencia, realizando 3 experimentos: tinguir arroz, fundir anacos de ceras para crear unhas novas e experimentar que fai o aceite cando o botamos polos sumidoiros.

Aprendemos que o arroz é un alimento cunha gran capacidade de absorción de líquido, por eso nos resulta tan fácil tinguilo.

Tamén aprendemos que as pinturas de cera están feitas de parafina, que é o mesmo material co que se fabrican as velas. A parafina é un hidrocarburo derivado do petróleo que se reblandece e comeza a fluir a partir dos 49ºC, por eso se desfan as ceras e podemos cambiarlle a forma.

Por último, comprobamos a diferente densidade da auga e do aceite, facendo que o aceite flote sobre a auga.



 

TINGUIMOS OVOS CON SEDA NATURAL

Tinguimos ovos con anacos de tea de seda natural. Usamos pezas de pura seda (gravatas, panos …), tea de cor branca lisa, gomas, unha pota, auga e vinagre branco. Cortamos cadrados de seda e envolvemos por completo os teus ovos, agarramos cunha goma e envolvemos despois na tea branca. Cubrimos de auga nunha pota, agregamos unhas 3 a 4 culleradas de vinagre e poñemos a cocer uns 15 minutos.

Os ovos quedan tinguidos co estampado da tea, debido a que a casca é porosa, a que a tea é de seda natural, á cocción e á presenza do vinagre que permite fixar as cores no ovo.

Como temos no colexio vermes de seda aproveitamos para coñecer a orixe da seda.


EXPERIMENTAMOS FACENDO XABÓN DE XARXA.

Facemos xabón de xarxa usando base transparente de xabón de glicerina, colorante, esencia aromática e follas de xarxa recentemente recollidas.

Investigamos que é a glicerina: é un líquido viscoso claro obtido por hidrólisis de graxas e aceites mixtos.

Experimentamos sobre a transformación da materia, aproveitando esta actividade tan divertida. A nosa glicerina está en estado sólido, tocámola, miramos e cheiramos; poñémola á calor e observamos o seu cambio a estado a líquido. Descubrimos que ao arrefriar un pouco volve rapidamente a sólido. Tamén observamos que adquire a forma do molde que empreguemos.

Necesitamos secar as follas de xarxa, así que as poñemos entre follas de papel absorbente e metémolas no microondas. Saen secas porque perderon o seu parte líquida.


 

EXPERIMENTO DE XERMINACIÓN CON KUMQUATS

Primeiro coñecemos o Kumquat, un pequeno cítrico, moi rico en vitamina C e ten propiedades antioxidantes. É o froito dos kumquats uns pequenos arboles de orixe asiática. Consómese enteiro, a pel é comestible, a cortiza é doce e o interior algo máis amargo-ácido.

Mirámolo, tocamos, cheiramos e probamos.

Extraemos as sementes que están dentro das pebidas. Envolvémolas en papel húmido e despois en papel aluminio e deixámolo dúas semanas nun lugar escuro para que lle empece a saír a raíz e o talo.


 

 

QUENTAMENTO DO PLANETA POLA CONCENTRACIÓN DE DIÓXIDO DE CARBONO.

Con este experimento aprendemos que os gases que emitimos á atmósfera afectan ao quentamento global do planeta, subindo a súa temperatura en al menos 2 grados.


 

 

INSECTICIDA NATURAL

Facemos un insecticida caseiro con ósos de aguacate. Necesitamos 2 ósos de aguacate e 2 l. de auga fervendo. Para preparalo rélase a semente e faise macerando 12 horas para extraer todas as súas propiedades.

Aprendemos que o óso de aguacate contén unha elevada cantidade de taninos e que estas substancias son toxicas e de sabor desagradable para moitos insectos, e repélenos e afastan das plantas.

Con esta actividade observamos moi ben a oxidación que ocorre rapidamente na semente relada. A oxidación é unha reacción química que se produce cando unha substancia combínase co osíxeno do aire e forma unha nova substancia chamada óxido.

 



EXPERIMENTO DENSIDADES CON AUGA FLUORESCENTE

Experimentamos coa luz negra para observar a diferenza de densidade do aceite e da auga, con cores fluorescentes para ver mellor o que ocorre.

A densidade da auga e do aceite é diferente e non permite mesturar estes dous líquidos, debido á polaridade dos líquidos e á súa diferente densidade.

A densidade da auga é maior que a densidade do aceite, o cal provoca que o aceite flote na auga.

Aprendemos que o aceite é insoluble en auga.


FLUÍDO NON NEWTONIANO AROMÁTICO

Preparamos o fluído mesturando o dobre de fariña de millo que de auga, engadímoslle un sobre de xelatina de piña e colorante alimentario, para xerar máis sensacións. Puxémoslle flores e insectos, na superficie e no fondo, para ver que sucede ao manipular.

O fluído non newtoniano é moi especial porque cambian a súa consistencia (viscosidade) segundo a presión que se exerza sobre el e pódese comportar como sólido ou como líquido.

 

EXPERIMENTO GALÁCTICO

O leite é na súa maior parte auga, pero tamén contén grasa. Cando engades os colorantes estes flotan porque son menos densos que o leite, pero cando o xabón entra en contacto, os colorantes empezan a correr por todo o plato, mesturándose, retorcéndose, creando un curioso efecto.

Ademáis a brillantina flota encima da superficie do leite. En dita superficie hai unha capa máis firme por a súa maior forza entre moléculas, o que chamamos tensión superficial.  O poner o xabón a tensión disminúe no centro, facendo fuxir a brillantina.


 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

  PINTURAS EFERVESCENTES  Materiais • Auga • Témperas • Bicarbonato • Vinagre • Pinceis • Cartolinas • Pipetas  Procedemento 1. Mesturamos 2...