EXPERIMENTOS CURSO 2019/2020

 

A MOCHILA CIENTÍFICA

Continuamos coa actividade chamada “Ciencia en Familia” iniciada o pasado curso, xa que a experiencia resultou moi motivadora e satisfactoria para todos. Consiste en que cada neno leva, durante tres días, unha mochila á súa casa, co necesario para poder facer un experimento dos que xa fixemos noutros cursos, pero coa súa familia.

Cada mochila leva unha ficha co experimento a facer (onde se detalla o proceso e o que se aprende), os materiais que precisan, e un caderno de rexistro da experiencia.

Os experimentos que escollemos son sempre moi sinxelos e cunha reacción inmediata.

Na primeira quenda propuxemos un experimento para observar a presión do aire.

 

 Na segunda quenda o experimento proposto foi para observar a oxidación do ácido cítrico por efecto da calor.

 

A MÚSICA FAINOS SENTIR EMOCIÓNS
Aproveitando a música, vimos como, tocando unha canción con lixeiras variacións nas notas, ou no acompañamento, podemos sentir alegría, tristura, medo, enfado…
Coa música podemos experimentar moitas emocións!!!

 

PASTA DE DENTES PARA ELEFANTES

Con este experimento descubrimos que a auga osixenada ao descomporse libera moitas burbulliñas de osíxeno, este proceso é lento por iso nós engadimos fermento, así aceleramos o proceso. Esas burbulliñas desaparecerían se non fose polo xabón líquido co que mesturamos todo, este atrapa as burbulliñas que saen de súpeto do recipiente en forma de espuma.

O resultado é como se premésemos un tubo xigante de pasta de dentes e saíse tanta coma se lle lavásemos os dentes a un elefante.


 

LEITE PLASTIFICADO

Con este experimento descubrimos a reacción que se produce cando se pon en contacto ao leite cun ácido. Observamos que o soro do leite se separa das proteinas.


 

 

CÍTRICOS

Aproveitando que preto da escola temos un laranxeiro, un día saímos a buscar a froita típica do inverno, as laranxas. Despois de obxervalas, ulilas, probalas e comparalas con outros cítricos fixemos tres experimentos diferentes que se poden ver no seguinte vídeo.


 

A METAMORFOSE DA RA

Coa chegada de dous cágados á escola puidemos observar todos os cambios, que se dan no seu corpo, co paso dos días e como se produce a súa metamorfose.


 

A SALVIA

Investigamos sobre as moitas utilidades desta planta aromática, fixemos aceite esencial coa salvia que temos no xardín da escola e observamos que as súas propiedades foron pasando ao aceite.


 

 

EXPERIMENTAMOS CON OVOS

Calquera oportunidade é boa para experimentar, e dous ovos de diferente tamaño, deunos moito que aprender e obxervar.


 

VINAGRE DE MAZÁ

Elaboramos vinagre con auga e mazá. Que sorpresa ver as reaccións que produce!


 

CIENCIA DURANTE O CONFINAMENTO:

 

PLASTILINA CASEIRA

Con este experimento aprendemos que con ingredientes tan sinxelos como a fariña, a auga, o aceite… se poden crear outras materias como a plastilina.

 


 

EXPERIMENTAMOS COAS SOMBRAS

A través dun vídeo descubrimos que dependendo de onde esté colocada unha luz, proxecta unha sombra sobre os obxectos, que será máis ou menos longa, e estará orientada cara un lado ou cara outro,ou centrada.

 

PEGAMENTO CASEIRO

Con auga, fariña e azucre elaboramos unha pasta que ten o mesmo efecto que a cola branca. Observamos como mesturando estes ingredientes e cocéndoos se ligan e se transforman.

Esta é o vídeo que vimos para elaborar a masa:


 

E estes son os resultados da experiencia:

 

 

CIENCIA NA CASA

Facendo experimentos apréndese moito e pásase moi ben! Aquí tedes todos os que fixemos no CRA Monterrei, hai unha chea deles para escoller. Está é a proposta para o noso alumnado, que experimenten coas familias durante a cuarentena.

Pinchando nas imaxes podedes ver os  libros dos nosos experimentos

      

EXPERIMENTANDO NA CASA

Mirade canto experimentaron os nenos e nenas do CRA Monterrei durante este tempo de confinamento nas súas casas! Encántanos ver os seus experimentos e as ganas que teñen de observar, descubrir e aprender!



LÁMPADA DE LAVA

Con este experimento queremos seguir fomentando a experimetación dende as casas, e intentamos que os nenos aprendan dous conceptos científicos, o da densidade dos líquidos e o da hidrólisis.


 

 

O LIBRO DOS NOSOS EXPERIMENTOS DO CURSO 2019-2020

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ARQUIVO EXPERIMENTOS 2025

Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue aumentando! Os experimentos creámolos sobre uns d...