- aceite
- unha folla de papel
- unha pipeta
Deixamos caer no papel unhas pingas de aceite para formar unha mancha pequena.
Se se expón á luz
verase unha mancha escura sobre un fondo branco. Pero se se pon a folla a
contraluz verase unha mancha branca sobre un fondo escuro.
Explicación:
O papel impregnado de aceite é máis transparente.
Se se expón a folla de papel á luz, a mancha vese escura, porque sendo transparente deixa pasar a luz e non reflicte.
Pero se expón a folla a contraluz, a mancha vese branca, luminosa, porque ao
ser transparente deixa pasar a luz que non deixa pasar a folla de papel.