CÚRCUMA REACTIVA
Nesta experiencia exploramos a reacción que corre entre a cúrcuma e o bicarbonato.
A cúrcuma é una especia de cor amarelo debido ao seu composto activo, a curcumina. Ademais de colorante e aromatizante ten a propiedade de cambiar de cor con pHs altos, é dicir, alcalinos. Por enriba dun pH 7.8 vira a un tono marrón avermellado.
Neste caso, creamos unha disolución de bicarbonato e auga para comprobar como reacciona.
👩🔬Empregamos:
- Cúrcuma.
- Xel hidroalcohòlico con glicerina. (A cúrcuma non é soluble en auga, e a glicerina axuda a que non se evapore rápidamente o alcohol).
- Auga.
- Bicarbonato.
- Un pincel.
- Folios.
VOLCÁN DE ESCUMA 🌋
O magnetismo é a propiedade que teñen algúns obxectos de atraer elementos metálicos. Os imáns poden ser naturais, ou artificiais, e teñen a capacidade esa propiedade magnética, que consiste en atraer obxectos que conteñan ferro ou metales.
Tendo en conta esto, construimos un monicreque ao que lle pegamos no seu interior un clip. Cando achegabamos o imán, o monicreque levantábase, e si púñamos varios imáns xuntos, a forza de atracción era maior e facía "levitar" ao monicreque.
Con esta experiencia descubrimos que cantos máis imáns, maior é o magnetismo.
Neste vídeo podemos ver o que pasa cando mesturamos auga quente e auga fría e as colocamos en diferentes posicións. Mirádeo atentamente !
Despois de facer o experimento, aprendimos que a auga quente é menos densa que a auga fría e por iso tende a colocarse na parte superior.
AS FRECHAS QUE MUDAN DE DIRECCIÓN ↔️
A refracción é un fenómeno óptico que quixemos aprender facendo un experimento moi sinxelo.
Cando o vaso está baleiro, a luz atravésao con unha mínima desviación, así vemos as frechas na mesma posición nas que a veriamos sen o vaso diante.
Ao encher o vaso con auga, este funciona como unha lente cilíndrica. Ao pasar a luz do aire á auga, ten lugar a refracción, fenómeno que desvía a luz e provoca que a dirección da frecha pareza invertida.
O outono é unha época do ano moi interesante, que nos permite investigar e descubrir que lle ocorre ás follas das árbores coa baixada de temperatura e a redución das horas de sol.
A través da técnica de cromatografía, extraemos os pigmentos das follas dunha árbore de diferente cor, e descubrimos que lles ocorre.
Precisamos:
- Follas.
- Alcohol.
- Papel de cociña ou filtro de café.
- Morteiro.
- Recipientes.
DE QUE COR É A MANCHA DE ACEITE?🫒
Necesitamos:
- aceite
- unha folla de papel
- unha pipeta
Que facemos:
Deixamos caer no papel unhas pingas de aceite para formar unha mancha pequena.
Se se expón á luz verase unha mancha escura sobre un fondo branco. Pero se se pon a folla a contraluz verase unha mancha branca sobre un fondo escuro.
Explicación:
O papel impregnado de aceite é máis transparente.
Se se expón a folla de papel á luz, a mancha vese escura, porque sendo transparente deixa pasar a luz e non reflicte.
Pero se expón a folla a contraluz, a mancha vese branca, luminosa, porque ao ser transparente deixa pasar a luz que non deixa pasar a folla de papel.
Neste experimento aprendemos sobre o principio de densidade e flotabilidade.
Precisamos:
-Auga 💧
- Gasosa 🥤
- Pasas 🍇
- Vasos 🥛
Para comprobar a densidade das pasas, introducímolas nun vaso con auga e descubrimos que ao ser máis densas que a auga, fúndense e caen ao fondo.
Posteriormente introducimos as pasas no vaso con gasosa e observamos como as burbullas de gas que contén o refresco se pegan á pel das pasas, comezando a ascender polo vaso. Ao chegar ao borde do líquido as burbullas entran en contacto co aire e rebentan, polo tanto as pasas, pola súa densidade, volven caer ao fondo.
Calquera momento é bo para facer ciencia!
Neste experimento aprendemos como funcionan os circuitos electricos, cales son os materiais conductures da electricidade, como conectamos o Makey makey ao ordenador, o cal nos permite controlar un instrumento virtual. Tamén coñecemos ao inventor da pila, o gran Alessandro Volta.
Empregamos neste experimento:
- Controlador makey makey.
- Froitas plátanos e pitahaya.
- Papel aluminio.
- Sementes de chía.
- O noso propio corpo.
- Grafito sacado dos nosos lápises.
Aprendemos como funciona un circuito eléctrico?
Claro! Un circuíto eléctrico é como un camiño polo que viaxan os electróns, que son como pequenas partículas de electricidade. Imaxinade que os electróns son carriños que van por unha pista. A electricidade viaxa desde a batería ou a toma de corrente, pasa polos cables (que son como os carrís), e chega a cousas como as luces, os ventiladores ou os xoguetes. Cando os electróns chegan ao seu destino, fan que esas cousas funcionen, que no noso será un instrumento virtual. E logo, os electróns volven ao inicio do circuíto para facer o viaxe outra vez. É como unha viaxe emocionante para os carriños eléctricos!
📹 Vídeo 1
📹 Vídeo 2
📹 Vídeo 3
BURBULLAS DE XABÓN RESISTENTES
MATERIAIS:
- Auga
- Xabón líquido
- Glicerina
- Vaso
- Palliñas
PASOS:
1. Engadimos 2 culleradas de auga + 2 culleradas de xabón líquido.
2. Mesturamos suavemente evitando a formación de espuma.
3. Engadimos unha culler de glicerina.
4. Mesturamos suavemente.
5. Sumerximos a palliña na mezcla e a soprar!!
EXPLICACIÓN:
As burbullas de xabón fórmanse debido a un fenómeno que se presenta nos líquidos e que recibe o nome de tensión superficial. A glicerina sirve para aumentar a tensión superficial da auga, xa que normalmente é moi débil, e así o aire queda atrapado durante máis tempo.
NECESITAMOS:
📌 Media cullerada de sulfato de cobre
📌 Unhas pingas de auga
📌 Un papel
📌 Unha culler
📌 Unha placa petri
📌 Unha pipeta
📌 Un reloxo
- Marcar os dedos sobre un papel, para que a graxa que temos nos dedos quede nel.
- Coller media cullerada de ioduro de potasio e poñelo na placa petri.
- Coller a mesma proporción de sulfato de cobre e poñelo mesturándoo sobre a placa petri.
- Botar unhas pingas de auga para favorecer a mestura e remexer .
- Poñer o papel boca abaixo sobre a placa petri.
- Esperar 1-2 minutos, mirar o papel e veremos as pegadas marcadas.
Ao mesturarse o ioduro de potasio co sulfato de cobre nunha solución acuosa, prodúcese unha reacción química na que se libera iodo que é un gas incoloro.
Cando se aplica unha solución de iodo sobre as graxas presentes nas pegadas reaccionan co iodo, tínguense de cor marrón, resáltanse e fanse visibles.
COMO ENSINAR EDUCACIÓN FÍSICA UTILIZANDO A CIENCIA
MATERIAIS :
Latas de refresco vacías .
Auga .
Xarra .
Funil .
CÓMO SE FAI ? :
Equilibrar lata de refresco para entender o centro de masa. Inclinada sobre o seu borde inferior,
enchemos pouco a pouco ata conseguir o resultado ( 1/3 aproximadamente é suficiente ).
QUÉ APRENDEMOS ? :
Para superar os saltos de altura en atletismo, o centro de masa ( lugar promedio masa do noso corpo)
ten moita importancia. Debe quedar por debaixo da barra o saltar, por debaixo da pelvis.
Principio acción-reacción ou Lei de Newton, é a clave para saltar cun só pé e conseguir impulso máximo.
EXPLICACIÓN :
Co líquido xusto o centro de gravidade desplazase a parte inferior no interior da lata e así o apoiar no
canto da lata sea máis sinxelo encontrar a liña imaxinaria que une o centro de gravidade e o punto de
sustentación.
MENSAXES OCULTAS
Materiais:
Para a lupa: Papel celofán vermello e cartón.
Rotulador vermello.
Rotuladores de diferentes cores.
Como se fai?
1. Facemos a lupa con cartón e pegámoslle o papel celofán no medio.
2. Facemos o debuxo que queiramos con calquera das cores.
3. Tapamos o debuxo co rotulador vermello.
4. Collemos a lupa e descubrimos as mensaxes secretas.
Que aprendemos?
Como as mensaxes están ocultas debaixo da cor vermella, precisamos da lupa co papel celofán que actuará como filtro eliminando esta cor vermilla e permitíndonos ver o resto das cores ca mensaxe secreta.
OS NOSOS EXPERIMENTOS 2024
Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue crecendo e xa imos polo segundo tomo! Os experimentos creámolos sobre uns deseños que preparamos. Cambia o bordo segundo o material principal que empreguemos, por exemplo ovos, latas... ou se se trata dun experimento de luz, cor, electricidade.... Así é mais fácil clasificalos e atopalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario