Calquera momento é bo para facer ciencia!
Coa motivación do día da muller facemos un experimento, no que analizamos, comparamos, formulamos hipótese e obtemos conclusións.
Necesitamos:
👉Letras e números cun oco.
👉Colorante alimenticio.
👉Vinagre.
👉Bicarbonato.
👉Auga.
👉Pipetas.
Nunha bandexa están xa preparadas as letras, recheas co colorante e o bicarbonato.
Primeiro botámoslle unhas pingas de auga e observamos o que ocorre. Despois observamos a reacción que se produce cando engadimos bicarbonato.
O ácido do vinagre, chamado acedo acético reacciona co bicarbonato sódico, formando un gas: o dióxido de carbono.