CURSO 2018/2019
MOVEMOS PAPEIS CO SON
Coa mestra de música, fixemos un experimento para comprobar que o son (as súas ondas, máis ben) móvense polo aire, e chocan contra os obxectos. Para iso precisamos un micro, un altofalante, uns instrumentos, e papeliños de seda. Ao tocar os instrumentos diante do micro, conectado ao altofalante, ese son “movía” os papeliños de seda que tiña enriba. Foi moi divertido velos bailar!!!
ESCRIBIMOS CON TINTA INVISIBLE
Esta semana experimentamos a reacción dun ácido en contacto coa calor. Motivados coa lectura dun conto titulado La gran fábrica de palabras puxémonos mans á obra e investigamos como podiamos fabricar tinta invisible. No seguinte vídeo podedes ver o proceso.
BURBULLAS DE XABÓN
Esta semana experimentamos coas moléculas da auga nun líquido xabonoso. Como motivación para introducir o experimento empregamos o conto “Nuna sabe leer la mente”.
FLUIDO NON NEWTONIANO
Estivemos experimentando o comportamento dun fluído non Newtoniano. Motivados polo divertido conto “Marcelina en la Cocina” decidimos facer a nosa sopa particular. Mesturamos 2 partes de fariña de millo (Maizena) por 1 de auga. Comprobamos que os fluídos non newtonianos son aqueles que se comportan de diferente forma según a presión que se lle aplique.
DECORAMOS OVOS E EXPERIMENTAMOS
Decoramos os ovos utilizando a capilaridade para conseguir moitas mesturas de cores, que se espallaron e pasaron aos ovos grazas a que a súa casca é porosa.
BUXAINA DE NEWTON
Unha das actividades relacionadas coa plástica que preparamos, foi un experimento que nos permitiu comprobar a descomposición da cor branca , facendo xirar, á maior velocidade posible, un círculo dividido en sectores pintados coas cores do arco da vella .
Pintamos o círculo empregando as cores do arco da vella( vermello, laranxa, amarelo, verde claro, verde escuro, azul claro, azul escuro e morado ), recortámolo ou picámolo , pegámolo sobre un cartón duro , atravesamos o centro do círculo cunha cera e…A XIRAR se o facemos moi, moi rápido conseguiremos velo de cor blanca ou grisácea.
CIENCIA EN FAMILIA
No terceiro trimestre iniciamos unha actividade chamada “Ciencia en Familia”; consiste en que cada neno vai levar, durante tres días, unha mochila á súa casa, co necesario para poder facer un experimento dos que xa fixemos noutros cursos, pero coa súa familia.
Cada mochila leva unha ficha co experimento a facer (onde se detalla o proceso e o que se aprende), os materiais que precisan, e un caderno de rexistro da experiencia.
Esta primeira quenda propoñemos un experimento para observar a capilaridade dos líquidos.
Así mostraron orgulloso os nenos a súa mochila.
Para a segunda quenda, propoñemos para experimentar na casa a reacción do limoneno das laranxas coa goma
CIENCIA NA COCIÑA
Como nos gusta experimentar en tódolos eidos, decidimos probar unha nova técnica culinaria, as esferificacións, mediante a xelatinización cambiamos a estrutura dun líquido a unha estrutura ríxida, para iso empregamos un axente xelatinizante, neste caso Agar Agar, un componente que se obtén dunha alga. Coa axuda dunha xiringa e unha pipeta botamos gotiñas de líquido quente en aceite moi frío e obtivemos unhas pequenas esferas que puidemos probar e comprobar a súa textura.
FABRICAMOS UN ZOOTROPO
Cando visitamos o Festival de Curtas de Verín, os nenos sorprendéronse moito coas películas antigas en branco e negro, do inicio do cinema, polo que, quixemos aprender mais, facendo experimentos ópticos e empezamos fabricando un zootropo.
CONSTRUÍMOS UN FENAQUISTISCOPIO
Continuamos construíndo obxectos para facer experimentos ópticos. Fixemos un fenaquistiscopio e custounos tanto, ver a ilusión óptica reflectida no espello, como aprender o seu nome.
FABRICAMOS UN TRAUMATROPO
De novo experimentamos cos efectos visuais e agora tocou fabricar diferentes Taumatropos. Estes aparellos son mais fáciles de elaborar e manexar, así que todos os nenos fixeron un.
OBSERVAMOS A NATUREZA
Esta primavera aprendemos moito sobre o ciclo vital dos poliños, das bolboretas de verza e das eirugas de seda. Pinchando nas imaxes pódense ver os collages máis grandes.
EXCURSIÓN A APIPOLIS
A excursión de fin de curso deste ano estivo enfocada a coñecer o mundo das abellas e todo o que xira arredor delas. Como son, como se relacionan entre elas e co medio, como se reproducen, como elaboran o mel e o polen, como extraemos as persoas o mel… Ata elaboramos galletas de mel e entramos nun apiario a observalas de preto.
1ª FEIRA DA CIENCIA
Este mércores, 12 de xuños, celebraremos en Albarellos a 1ª Feira da Ciencia do CRA Monterrei. Temos como invitados ao CEIP de Medeiros, co que compartiremos unha intensa mañá de experimentos e experiencias científicas, tales como un obradoiro de luz negra, outro de chocolate e unha zona de experimentos, na que os protagonistas serán os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria.
A Feira da Ciencia foi retransmitida pola CRTVG.
RESPIRO NON RESPIRO
Os nosos pulmóns son incribles: permítennos respirar, falar, berrar, cantar, rir e mesmo chorar!
Experimentamos sobre a respiración, e o sistema respiratorio, fixemos un modelo de pulmóns para así poder simular a respiración.
CRISTALIZACIÓN DO AZUCRE
Fixemos unha disolución de auga e azucre, chamada disolución saturada. Cando quentamos auga admite unha gran cantidade de azucre, si a esta mestura lle poñemos un pauciño con moléculas de azúcre, co paso dos días a auga vaise evaporando e o azucre vaise cristalizando arredor do pauciño.
LIMO MAGNÉTICO
Fabricamos limo mesturando cola branca, borax e auga quente. Para que fora magnético engadímoslle po de ferro e experimentamos con imáns de neodimio.
AS CORES VIAXEIRAS
Para este experimento precisamos seis vasos transparentes que encheremos pola metade de auga. En vasos alternos (un si, un non) poñemos unha pinguiña de colorante alimentario das cores primarias (vermello, azul,amarelo) e papel de cociña.
A auga sube paseniño polo papel de cociña, de maneira que nos vasos que contiñan auga non tinguida, xurden novas cores.
A MENSAXE OCULTA
Escribimos uha mensaxe que posteriormente plastificamos. Nun recipiente transparente, colocámola no fondo. A continuación engadimos boliñas de hidroxel, de maneira que a nosa mensaxe ficará totalmente oculta. Pouco a pouco, imos engadindo auga ata que sexamos quen de ler dita mensaxe con nitidez. Esto é debido a que o índice de refracción da auga é moi similar o das boliñas de hidroxel.
EXPERIMENTOS 2019
Neste enlace podedes ver as fichas dos novos experimentos que fixemos este curso no CRA Monterrei
https://cramonterrei.wordpress.com/2019/06/30/os-experimentos-2019/
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.