lunes, 20 de noviembre de 2023

MAGNETISMO 🧲

O magnetismo é a propiedade que teñen algúns obxectos de atraer elementos metálicos. Os imáns poden ser naturais, ou artificiais, e teñen a capacidade esa propiedade magnética, que consiste en atraer obxectos que conteñan ferro ou metales.

Tendo en conta esto, construimos un monicreque ao que lle pegamos no seu interior un clip. Cando achegabamos o imán, o monicreque levantábase, e si púñamos varios imáns xuntos, a forza de atracción era maior e facía "levitar" ao monicreque. 

Con esta experiencia descubrimos que cantos máis imáns, maior é o magnetismo.



CIRCUITOS BÁSICOS 🔋

Estivemos investigando o funcionamento dos circuitos básicos con pilas. A actividade consistía en superar o reto de encender un LED cunha pila de botón, e o de poñer a funcionar un motor DC cunha pila cilíndrica. A idea era ir facendo hipòteses, ata chegar a unha conclusión, para finalmente facer unha posta en común. 




sábado, 4 de noviembre de 2023

VOLCÁN DE ESCUMA 🌋

Novembro é o mes da ciencia en galego, especialmente o día 4, polo que no clube de ciencia o quixemos celebrar facendo un experimento moi sinxeliño, tanto de realizar como de comprender, ou explicar polos máis pequenos.

Precisamos:

🥚Clara de ovo

🍇Vinagre

🍚 Bicarbonato

🌈 Colorantes alimentarios


Con estes ingredientes comprobamos cómo o ácido do vinagre, chamado ácido acético reacciona co bicarbonato formando un gas: o dióxido de carbono. Este gas queda "preso" na clara del ovo batida e provoca a formación dunha gran cantidade de espuma.



  PINTURAS EFERVESCENTES  Materiais • Auga • Témperas • Bicarbonato • Vinagre • Pinceis • Cartolinas • Pipetas  Procedemento 1. Mesturamos 2...