🧙🏻♀️FACEMOS POCIÓNS
MATERIAIS:
- Vinagre
- Colorantes alimentarios
- Bicarbonato
- Clara de ovo
- Recipientes
- Pipetas
- Arañas, lagartas e vermes.
PASOS:
- Facemos caveiras poñendo en moldes bicarbonato mesturado cun chisco de auga e esperamos un día ata que endurezan.
- Preparamos ollos con bicarbonato mesturado cun pouco de auga e agardamos un día ata que se endurezan.
- Poñemos vinagre en recipientes con diferentes colorantes e dámoslle nomes fantásticos: mexo de gato, sangue de vampiro, cuspe de dragón, veleno de serpe...
- Batemos clara de ovo e botámola nun recipiente etiquetándoa como babas de caracol.
- Poñemos bicarbonato nun prato e chamámoslle óso moído.
- Facer diferentes apócemas mesturando ao gusto os ingredientes preparados previamente. Soamente teñen unha condición: empregar a lo menos un ingrediente branco e un líquido.
- Facemos caveiras poñendo en moldes bicarbonato mesturado cun chisco de auga e esperamos un día ata que endurezan.
- Preparamos ollos con bicarbonato mesturado cun pouco de auga e agardamos un día ata que se endurezan.
- Poñemos vinagre en recipientes con diferentes colorantes e dámoslle nomes fantásticos: mexo de gato, sangue de vampiro, cuspe de dragón, veleno de serpe...
- Batemos clara de ovo e botámola nun recipiente etiquetándoa como babas de caracol.
- Poñemos bicarbonato nun prato e chamámoslle óso moído.
- Facer diferentes apócemas mesturando ao gusto os ingredientes preparados previamente. Soamente teñen unha condición: empregar a lo menos un ingrediente branco e un líquido.
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA
O bicarbonato e o vinagre reaccionan quimicamente formando un gas, dióxido de carbono.
Se incorporamos clara de ovo a mestura espésase polo que sae máis densa.
🌧️ESTADOS DA AUGA E AS SÚAS PROPIEDADES
Atopar no mes de xaneiro carambelos de xeo colgando na villa do patio motivounos a investigar sobre os distintos estados da auga, a diferencia entre estalagmitas, estalactitas e a realizar un par de experimentos.
Materiais empregados:
Para a observación do proceso de evaporación e cristalización dos sales minerais:
- Unha cartolina oscura.
- Un vaso.
- Auga.
- Sal.
Para o proceso de observación do ciclo da auga do mar:
- Un recipiente grande
- Un recipiente pequeno.
- Auga quente.
- Colorante azul.
- Unhas pedras de xeo.
- Film transparente.
- Unha pedra.
Proceso do primeiro experimento:
1º. Mesturamos a auga co sal e cun pincel pintamos sobre a cartulina.
2º. Deixamoa secar de un día para outro.
Procedemento para o segundo experimento:
1º. No recipiente grande poñemos a auga quente e mesturamos co sal e co colorante.
2º. Poñemos un recipiente pequeno coa pedra no medio do recipiente grande.
3º. Tapamos con film transparente.
4º. Observamos como comeza o proceso de condensación/precipitación.
5º. Despois de unha hora destapamos o recipiente grande, collemos o recipiente pequeno e observamos como a auga que contén é incolora e insípida.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
👻PANTASMAS BAILARINAS👻
MATERIAIS:
- xudías brancas
- rotulador negro
- tarro con auga
- bicarbonato
- vinagre
- culler
PASOS:
1. Creamos as nosas pantasmas pintando ollos e boca nas xudías.
2. Botamos auga nun tarro.
3. Engadimos unha cullerada de bicarbonato e mesturamos.
4. Botamos o vinagre.
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:
Cando mesturamos o bicarbonato co vinagre libérase gas (dióxido de carbono) en forma de burbullas, que ao "pegarse ás pantasmas" fan que suban e baixen movéndose como si bailasen.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------
❄️NEVA, NEVA!❄️
- Auga
- Pintura branca
- Aceite
- Lámina cunha paisaxe dentro dunha funda de plástico
- Pipeta
- Pincel
- Tinguimos auga cun pouquiño de pintura branca, para non variar as súas moléculas.
- Engraxamos a funda cun chisco de aceite.
- Botamos coa pipeta pinguiñas de auga branca, simulando folerpas.
- Movemos amodiño as pingas co pau do pincel, xuntámolas...
- Recollémolas absorbéndoas coa pipeta.
👩🏻🔬11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 👩🏻🔬
Este ano para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia recordamos a Rosalind Franklin e o seu maior descubrimento.
Comezamos buscando información sobre ela no libro Mujeres de ciencia e descubrimos que foi química e cristalógrafa, feito que lle permitiu facer a primeira fotografía da forma do ADN. Tamén descubrimos que lle roubaron a autoría e non se lle recoñeceu ata moitos anos despois.
Investigamos sobre o que é o ADN, e para comprendelo comparámolo con un mapa, pero do noso corpo. Para non olvidar o aprendido construímos unha estructura de ADN con gominolas.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
🧪FLUORESCENCIA CON TÓNICA🧪
MATERIAIS:
-Tónica
-Auga
-Lanterna con luz ultravioleta.
-2 vasos de cristal
-Sal
PASOS:
1. Enchemos un vaso de auga e outro vaso con tónica.
2. Apagamos as luces e enfocamos ambos vasos coa lanterna de luz ultravioleta.
3. Observamos como o vaso que contén tónica absorbe a luz ultravioleta e reacciona emitindo luz azul e comparámolo co vaso que contén auga que non ten esta propiedade.
4. Engadimos unha cullerada de sal no vaso de tónica.
5. Enfocamos de novo a escuras e observamos como o vaso de tónica perdeu a propiedade de fluorescencia e se asemella ao vaso de auga.
EXPLICACIÓN:
A tónica presenta fluorescencia debido a que contén unha substancia denominada quinina, que é un alcaloide presente na corteza da árbore da Cinchona.
A quinina contén compostos chamados fósforos, estas substancias brillan cando son golpeadas con determinadas lonxitudes de onda de espectro EM, incluida a luz ultravioleta. Os fósforos absorben a luz ultravioleta que a emiten de novo en forma de luz azul brillante.
Finalmente o disolver sal na tónica observamos que perde a súa fluorescencia. Esto débese a que a quinina reacciona coas particulas de cloro que contén a sal , reducindo a súa fluorescencia.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
🍶🥔DESCOMPOSICIÓN DA AUGA OSIXENADA
MATERIAIS:
- Auga oxixenada
- Unha pataca
- Recipiente de cristal
- Morteiro
- Mondamos a pataca e picámola.
- Poñemos os anacos de pataca no recipiente de cristal e cubrimos coa auga osixenada.
- Podemos probar en diferentes recipientes.
- Observamos o que ocorre.
- Probamos a machucar a pataca, cubrimos coa auga osixenada e comparamos.
- A auga oxixenada (peróxido de hidróxeno) descomponse rapidamente ao entrar en contacto coa pataca, debido a que esta contén a encima catalasa que cataliza a descomposición en auga (que queda no fondo) e osíxeno (burbullas na superficie).
- Un catalizador é unha substancia que, mesmo en cantidades moi pequenas, modifica enormemente a velocidade dunha reacción química. Esta reacción é exotérmica, o que significa que libera calor.
- Se a pataca está triturada, a superficie de contacto entre a catalasa e o peróxido de hidróxeno aumenta, o que acelera aínda máis a reacción e a liberación de oxíxeno.
🌿 OBSERVAMOS ESTOMAS
Os estomas son pequenas aberturas situadas especialmente no envés das follas das plantas, que lle permiten respirar e manter a humidade necesaria.
Realizar esta observación é moi sinxelo, simplemente precisamos:
- Unha folla.
- Laca de uñas transparente.
- Un anaco de celo.
- Un microscopio con bastante aumento.
Ao botar a laca de unllas na folla vaise pegar á capa máis superficial da folla, o celo vai arrincala e vainos permitir observar os estomas no microscopio.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
💦A DENSIDADE DA AUGA
Con este experimento aprendemos que a auga quente, que tinguimos de cor vermella é máis densa que a auga fría, tinguida de cor azul, eso fai que non se mesture cando esta na parte superior, cando invertimos a posición do vaso e o azul queda na parte de arriba o quitar o plástico que as separa as cores , e dicir, a auga mestúrase.






.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario