PINTURAS EFERVESCENTES
Materiais
• Témperas
• Bicarbonato
• Vinagre
• Pinceis
• Cartolinas
• Pipetas
Procedemento
2. Removemos moi ben.
3. Pintamos libremente sobre a cartolina.
4. Coas pipetas engadimos vinagre enriba… e comezan a sair burbullas nos nosos debuxos!!
Explicación científica
Ao botar o vinagre sobre a pintura, aparecen burbullas efervescentes e a pintura lisa pasa a ter relevos. Isto ocorre porque o bicarbonato reacciona co ácido acético do vinagre, producindo dióxido de carbono, que sae en forma de pequenas burbullas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PODE O FERMENTO INCHAR UN GLOBO
MATERIAIS:
- 3 BOTELLAS DE AUGA BALEIRAS
- 3 GLOBOS
- AZUCRE
- FERMENTO PARA PAN
COMO SE FAI?
ATEMPERAMOS AUGA A UNS 38º, NUNHA BOTELLA BOTAMOS AUGA MORNA FERMENTO E AZUCRE, NOUTRA AUGA FRÍA E FERMENTO E NA ÚLIMA AUGA FRÍA, FERMENTO E AZUCRE...TOCA ESPERAR. QUE PASARÁ?
QUE APRENDEMOS?
QUE O FERMENTO É UN SER VIVO QUE NECESITA ALIMENTO E ESTAR NUNHAS CONDICIÓNS DE TEMPERATURA AGRADABLES. O FERMENTO EMPEZA A COMER AZUCRE E PRODÚCESE UNHA REACCIÓN QUÍMICA, DIÓXIDO DE CARBONO, UN GAS QUE FAI QUE O GLOBO SE INCHE, SE NON HAI ALIMENTO ESA REACCIÓN NON SE PRODUCE E SE A AUGA ESTÁ MOI FRÍA A REACCIÓN É MOI LENTA.
EFECTO VENTURI
MATERIAIS:
- 2 PALLIÑAS
- TESOIRAS
- CINTA ADHESIVA
- AUGA
- RECIPIENTE
- ESPELLO
COMO SE FAI?
![]() |
| PROCESO DE FABRICACIÓN |
QUE APRENDEMOS?
Cando sopramos pola palliña horizontal, o aire móvese moi rápido. Ese aire "axuda" a subir auga pola outra palliña. A auga sobe, sae disparada e chega ata o espello. Isto ocorre por un fenómeno científico chamado "efecto Venturi". O aire que vai rápido crea unha zona onde hai menos presión e fai que a auga sexa "aspirada" cara arriba.
PINTURA EXPLOSIVA
- Vinagre
- Bicarbonato
- Colorante ou pintura
Engade bicarbonato (rápido).
Pecha ben a bolsa e déixaa no chan.
ANTOTIPIA E CIANOTIPIA
A cianotipia e a antotipia son dúas técnicas de impresión fotográfica artesanal que empregan a luz do sol.
Probamos estas técnicas, observamos e comparamos como se comporta cada unha.
MATERIAIS:
ANTOTIPIA DE CÚRCUMA OU DE REMOLACHA
- 100 ml de alcohol
- Flores e follas secas
- Cartolinas brancas
- Metacrilato ou cristal
COMO SE FAI
CIANOTIPIA
- Flores e follas secas
- Metacrilato ou cristal
COMO SE FAI
Colocar al flores sobre papel fotosensible, colocar a placa transparente enriba e poñer ao sol. Despois de dúas horas, retirar as flores e pulverizar con auga.
QUE APRENDEMOS
DETECTIVES DE PH
QUÉ VAS APRENDER?
- A medir o PH dalgúns produtos, dende os máis ácidos aos máis básicos.
- A cúrcuma é laranxa porque ten un pigmento chamado curcumina e cambia de cor según o PH dos produtos.
- Cúrcuma.
- Limón.
- Bicarbonato.
- Amoniaco....
- Colocamos a cúrcuma diluida en alcohol en varios recipientes.
- Preparamos diferentes produtos e unha escala de PH.
- Cunha pipeta botamos diferentes produtos na mezcla.
- Miramos que tipo de PH teñen segundo como fan cambiar a cor.
- Buscamos a cor na escala de PH e clasificamos os produtos segundo sexan ácidos ou bases.
RESPIRACIÓN E VIDA. A VIAXE DO AIRE
MATERIAIS :
- 3 globos medianos/grandes (pulmóns e diafragma).
- 3 tubos flexibles en “Y” ( Tráquea e bronquios ).
- Cinta adhesiva ou celo para selar.
- Tesoiras.
COMO SE FAI :
2. Despois coa axuda da cinta adhesiva une os tubos formando unha “Y” e suxeita un globo a cada extremo inferior con cinta tamén, asegurándonos que non haxa fugas de aire.
3. Posteriormente facemos a montaxe interior pasando a parte superior dos tubos pola boca da botella e selar con cinta a tapa perforada.
4. Cortar o pescozo dun globo grande, estiralo e colocalo tapando a base cortada da botella para despois fixalo ou sellalo con cinta adhesiva.
QUE APRENDEMOS :
Aprendemos así con este experimento:
As partes do aparello respiratorio por onde pasa o aire (nariz, boca, tráquea, bronquios, pulmóns, diafragma e caixa torácica)
O seu funcionamento coa inspiración e a expiración.
Tamén a súa importancia para a nosa vida diaria estando tanto en reposo como realizando actividade física.
-------------------------------------------------------------------------------




No hay comentarios:
Publicar un comentario