A cianotipia e a antotipia son dúas técnicas de impresión fotográfica artesanal que empregan a luz do sol.
Probamos estas técnicas, observamos e comparamos como se comporta cada unha.
MATERIAIS:
ANTOTIPIA DE CÚRCUMA OU DE REMOLACHA
- 2 culleradas de po de cúrcuma ou de remolacha
- 100 ml de alcohol
- Flores e follas secas
- Cartolinas brancas
- Metacrilato ou cristal
COMO SE FAI
Disolver o po de cúrcuma ou de remolacha no alcohol. Pintar a cartolina e deixar secar uns minutos. Colocar al flores sobre a cartolina, colocar a placa transparente enriba e poñer ao sol polo menos unha hora.
CIANOTIPIA
- Papeis fotosensibles
- Flores e follas secas
- Metacrilato ou cristal
COMO SE FAI
Colocar al flores sobre papel fotosensible, colocar a placa transparente enriba e poñer ao sol. Despois de dúas horas, retirar as flores e pulverizar con auga.
QUE APRENDEMOS
A súa principal diferencia radica na composición: a cianotipia emprega químicos artificiais (sales de ferro) que crean imaxes azuis en papeis fotosensibles, mentres que a antotipia emprega pigmentos orgánicos de plantas.
Na antotipia prodúcese unha reacción de fotodegradación. Non hai revelado químico; a luz solar incide directamente sobre o papel pintado con pigmentos vexetais, alterando a súa estructura. As imaxes obtidas son temporais e fráxiles.
Na cianotipia a luz ultravioleta (o sol) provoca unha reacción química que crea un ton azul de Prusia, A imaxe revélase con auga, que detén a reacción e fixa a fotografía. É unha técnica resistente ao paso do tempo.
A comparación entre o emprego de diferentes pigmentos vexetais permitiu comprobar que a cúrcuma reacciona con maior rapidez á exposición da luz, facendo visibles os cambios nun tempo menor. Pola contra, o po de remolacha require un período de exposición máis prolongado para que as cores se fixen e o contraste da imaxe sexa apreciable. Esta diferenza permitiu ao alumnado comprender que os distintos pigmentos naturais presentan unha sensibilidade diferente á luz e, polo tanto, precisan tempos de exposición distintos para obter resultados óptimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario