Neste blog publícanse os experimentos realizados no CRA Monterrei.
EXPERIMENTOS CURSO 2021/2022
FABRICAMOS COLA!!
No pasado mes de novembro quixemos experimentar fabricando cola; con ingredientes fáciles de atopar pola casa conseguimos a nosa propia cola. Aprendemos que o leite ten dous compoñentes e que podemos separalos cun ácido, ésta reacción química fai que a caseina do leite se xunte e quede pegañenta, para que quede moi suave necesitamos neutralizar o ácido co bicarbonato. Pasámolo moi ben e conseguimos pegar papeis e tamén pauciños de madeira!!
O AIRE OCUPA ESPAZO?
No mes de decembro toca experimento coa profe Lidia. Como é de música, parte dos materiais empregados tamén o son:
Comenzamos lembrando, coa frauta, certa canción que se canta sempre cando alguén está de cumpre. E, de paso, vimos como ao soprar na frauta, e tapar máis ou menos buratos, soan distintas notas. E tamén lembramos que cando se canta esa canción, o homenaxeado sopra as candeas dunha torta, para apagalas.
A continuación, “atrapamos o aire” dentro dun globo, para “notar” que estaba aí, e ser conscientes de como, ao premer o globo suavemente diante dunha candea acesa, o aire de dentro move a chama, porque nós empuxamos ese aire, e el, á súa vez, move o que ten diante.
E se, no canto dun globo, poñemos diante da candea outro obxecto, coma un bote, e o golpeamos? Sairá empuxado o aire que ten dentro, e moverá a chama?
Agora toca probar sorte cun pandeiro, porque Lidia sempre di, cando o tocamos en clase, que ao colocalo enriba das pernas para tocalo hai que deixalas un pouco abertas, para que poida pasar o aire que ten debaixo, e que así soe mellor. Logo…se golpeamos o pandeiro, tamén sairá aire, e moverá a chama desa candea…
Xusto! Comprobamos que si!!! Móvea!!!
E xa por último, probamos cun novo pandeiro, feito de refugallo, cun bote e un cacho de globo. Inda a moveu bastante!!!
Con este experimento queda comprobado que o aire está entre nós, por todos lados, e que ocupa espazo. Non o vemos, pero podemos “atrapalo”, e empregalo para empuxar obxectos, posto que, ao empuxalo nós, ese aire, á súa vez, móvese, e empuxa o que teña por diante.
DESHIDRATAMOS LARANXAS
Mirade como deshidratamos laranxas na escola. Foi moi sinxelo e puidemos observar os cambios que se produciron na cor, peso e tamaño. Aprendemos unha forma moi antiga de conservación dos alimentos.
FACEMOS PIGMENTOS A PARTIR DE ALIMENTOS NATURAIS.
Ao triturar os alimentos poden obterse distintos pigmentos.
ACTIVIDADE STEAM: CREAMOS UN ROBOT.
Este pasado venres, tivemos unha actividade da aula STEAM de Afundación, na que Alberto nos ensinou un proxecto basado no arte e na robótica.
Aprendemos a importancia da cooperación para que as cousas funcionen ben, achegámonos ao pensamento computacional, a facer un robot con creatividade, incluso se tocaron conceptos medioambientais falando dos recipientes biodegradables.
Esta actividade puidemos financiala grazas ao proxecto de Club de Ciencia no que participamos.
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O 11 de febreiro foi proclamado no 2015, pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Así o celebramos:
O ELEFANTE SURTIDOR
Para aprender sobre presión atmosférica fixemos un simpático surtidor con forma de elefante. Con esta sinxela manualidade puidemos descubrir a presión que exerce o aire que nos rodea, e como inflúe sobre o líquido que está no interior dunha botella.
Mira este vídeo e verás o que pasa.
TINGUIMOS OVOS
Tinguimos ovos das nosas galiñas con dous produtos naturais (cúrcuma e remolacha). Aproveitamos para observar:
Como cocen os ovos no forno.
Tocar, cheirar, relar e probar a remolacha.
Transformación da auga mentres ferve, levantando a tapa da pota, para ver saír o vapor e apartándoa para que caian pingas ao arrefriarse (ciclo da auga).
EXPERIMENTANDO COA NEVE ARTIFICIAL
Usando Poliacrilato de Sodio, que é un polímero non tóxico, con capacidade para absorber grandes cantidades de auga experimentamos coa sensación de xogar coa neve. Este po, ao engadirlle agua vaina absorbendo e agregándoa ata formar una especie de xel cristalino. Debido a que este composto posee alta masa molecular, en vez de disolverse, xelifícase e permite manipulala, dando o aspecto de neve.
LIMÓN EN ERUPCIÓN
No mes de marzo fixemos este experimento. O obxectivo era crear espuma, resultado dunha reacción química entre un ácido e unha base.
Os materiais que empregamos son: Un limón, unha bandexa, bicarbonato, xabón, tabla para cortar e coitelo.
Primeiro cortamos o limón e a continuación botamos o xabón e o bicarbonato. O limón erupciona como si se tratara dun volcán. Esta erupción prodúcese porque o ácido cítrico (PH baixo) que contén o limón reacciona co bicarbonato de sodio, que é unha base (PH alto). Durante esta reacción expúlsase dióxido de carbono, e ao mezclarse co xabón… Sae espuma!
DESNATURALIZAMOS AS PROTEINAS DA CLARA DO OVO
Fixemos un experimento para ver as proteínas da clara e de paso aprendemos que:
As proteínas en contacto co alcohol se desnaturalizan e fanse visibles.
O OVO É O ALIMENTO QUE TEN A PROTEÍNA MÁIS COMPLETA E DE MELLOR CALIDADE.
O ovo contén uns 6,29 gramos de proteínas, 3,6 dos cales, proveñen da clara do ovo.
O CICLO DA XOANIÑA
Investigamos e descubrimos a maxia da natureza! É o mellor xeito de aprender a repectala e coidala!
Coidamos moi ben unhas xoaniñas e completouse o seu ciclo.
Agora, despois de aprender como se produce e as fases polas que pasa, soltaremos a xoaniña que naceu na nosa roseira, para que a limpe de pulgón.
PROPIEDADE FLUORESCENTE DA CLOROFILA
Aproveitando a primavera, quixemos investigar a propiedade fluorescente da clorofila.
Descubrimos que as plantas son verdes porque teñen unha molécula chamada Clorofila, que ademais de darlle cor, lles axuda a facer a fotosíntese.
Esta molécula, ten unha propiedade, que é a de fluorescencia, e conseguimos observala iluminando con luz ultravioleta un extracto de clorofila. Tamén aprendemos que a clorofila é un “chivato” do que lle está pasando ás plantas, si sufre sequía a clorofila descende e si está sana a clorofila aumenta.
EXPERIMENTO SOBRE DENSIDADES
Para saber que é adensidade dos líquidosrealizamos un experimento e reflexionamos sobre esta propiedade. Descubrimos que cando botamos diferentes líquidos nun recipiente, si teñen distinta densidade, non se mesturan. Tamén observamos que os líquidos con maior densidade pesan máis e colócanse na parte de abaixo do recipiente, sin embargo os de menor densidade quedan na parte de arriba.
Empregamos mel, lava vaixelas, auga, aceite e alcohol.
EXPERIMENTOS PARA APRENDER: A GRAVIDADE
Para que o alumnado comprendera a forza da gravidade organizáronse varios xogos sobre esta habilidade motriz básica. Descubrimos que función exerce a gravidade sobre nós, como podemos vencela, etc. Aquí vos deixamos unhas imaxes!
PO DE MONDAS DE MANDARINA
Para observar a transformación da materia empregamos as peles das mandarinas que previamente secamos. Observamos como se van transformando ao secar. Unha vez secas trituráronse e fixéronse hipóteses sobre a transformación do aspecto físico (tanto da cor como da textura) e sobre o olor que desprenden.
No hay comentarios:
Publicar un comentario