EXPERIMENTOS CURSO 2020/2021

 

TIME FOR SCIENCE!! IMOS SEPARAR SAL E PEMENTA!!

Con este experimento aprendemos cousas sobre a electricidade estática, e cun globo separamos grans de sal e grans de pementa. Parecía maxia!!


 

Soará AGUDO ou GRAVE?

No mes de decembro experimentamos sobre o son que pode producir unha tuerca ao chocar contra as paredes dun globo. Será distinto se a movemos rápido, ou se a movemos lento?


NEVE ARTIFICIAL

Mesturando auga moi fría con bicarbonato pódese facer unha pasta similar á neve, así que estivemos a experimentar a reacción que fan estas dúas materias.


 

BOLSA A PROBA DE FUGAS

As moléculas de certos materiais separanse e volvense cerrar de forma hermética co contacto con outros materiais. Nesta ocasión, a bolsa de plástico, ao contacto coa afilada punta do lapis, ábrese, separando as súas moléculas, e cérrase de novo sobre o obxecto de contacto, é dicir, o lapicero.


 

DETECTIVE DE PH

Grazas ás antocianinas que contén a lombarda, podemos empregala como un detector de PH de outras substancias. No vídeo pódese ver con máis claridade.


 

MICROSCOPIOS PARA VER O MUNDO MÁIS GRANDE

Para observar os animais que atopamos na nosa contorna estamos empregando os microscopios. Estamos moi sorprendidos de todo o que podemos atopar entre a terra.


 

EXPERIMENTAMOS CON LUZ

Experimentar coa luz negra e as cores fosforescentes crea un ambiente máxico do que gozamos estes días en Vilaza. Tamén observamos a diferenza entre foforescente e fluorescente.


 
OBSERVAMOS E APRENDEMOS COA NATUREZA


TINGUIMOS CON ELEMENTOS NATURAIS

Tinguimos ovos con casca de cebola e descubrimos que as tinguiduras obtéñense da natureza. Observamos, mentres cocen, o ciclo da auga.


 

FACEMOS PAPEL DE AUGAS

Facemos papel de augas e, mentres gozamos dunha actividade moi motivadora, descubrimos que a disolución de óleos e disolvente flota na auga e adhírese ao papel ao contactar con el.


 
ÓSO BRANDO

Fixemos un experimento para observar como o vinagre ataca ao calcio dos ósos e deixan de ser duros e parecen de goma.


VERMIÑOS BAILARÍNS

Neste experimento tentamos darlle vida a uns vermes de gominola. Para iso tivémolos en repouso uns 15 minutos en auga morna con tres culleradas de bicarbonato. Pasado ese tempo os vermiños comenzar a moverse ao introducilos nun vaso con vinagre a causa do gas que se libera na reacción do bicarbonato co vinagre.




 

ECLOSIÓN DA BOLBORETA

Despois de coidar e alimentar os vermes de seda e coñecer as súas transformacións, puidemos observar atentamente a eclosión da bolboreta, proceso que durou máis de 30 minutos.


 APRENDENDO COAS FABAS

Observamos como xerminan as fabas en diferentes situacións, experimentamos con elas para observar cales son as súas necesidades, medidos e anotamos nunha táboa.


 

A LAVAR AS MANS (Maxia ou Ciencia?)

Na clase de plástica fixemos un experimento que parece un pouco máxico, pero é que moitas veces a ciencia parece maxia.

O que vemos con esta experiencia é un efecto óptico que está producido pola incidencia da luz ao atravesar a auga e chegar ata o plástico cun determinado ángulo de inclinación.


 

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Que ocorre cando as botellas están comunicadas? Pois que se iguala o nivel en todas as botellas, seguindo a teoría dos vasos comunicantes.

 


 OS DEBUXOS FLOTANTES

Os pigmentos que conteñen os rotuladores do encerado, fan que a tinta se manteña cohesionada pero que non se una permanentemente nunha superficie e poida flotar en agua, axudado pola tensión superficial de ésta.


 

O LIBRO DOS NOSOS EXPERIMENTOS DO CURSO 2020-2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ARQUIVO EXPERIMENTOS 2025

Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue aumentando! Os experimentos creámolos sobre uns d...