MATERIAIS:
- Auga
- Pintura branca
- Aceite
- Lámina cunha paisaxe dentro dunha funda de plástico
- Pipeta
- Pincel
PASOS:
- Tinguimos auga cun pouquiño de pintura branca, para non variar as súas moléculas.
- Engraxamos a funda cun chisco de aceite.
- Botamos coa pipeta pinguiñas de auga branca, simulando folerpas.
- Movemos amodiño as pingas co pau do pincel, xuntámolas...
- Recollémolas absorbéndoas coa pipeta.
EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:
Podemos arrastrar unha pinga de auga grazas á súa tensión superficial que é a forza que fai que as moléculas de auga adhíranse entre sí, formando unha "pel" elástica na superficie do líquido.
A moléculas de auga atráense entre si debido ás forzas de cohesión que permiten que a pinga mantéñase unida e resista as forzas externas, como a gravidade, sempre que a forza non sexa maior que a tensión superficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario