MATERIAIS :
Botella
de plástico transparente 2 L (Caixa torácica).
3
globos medianos/grandes (pulmóns e diafragma).
3 tubos
flexibles en “Y” ( Tráquea e bronquios ).
Cinta
adhesiva ou celo para selar.
Tesoiras.
COMO SE FAI :
1. Cortamos
a base da botella.
2. Despois
coa axuda da cinta adhesiva une os tubos formando unha “Y” e suxeita un globo a
cada extremo inferior con cinta tamén, asegurándonos que non haxa fugas de
aire.
3.
Posteriormente facemos a montaxe interior pasando a parte superior dos tubos
pola boca da botella e selar con cinta a tapa perforada.
4. Cortar
o pescozo dun globo grande, estiralo e colocalo tapando a base cortada da
botella para despois fixalo ou sellalo con cinta adhesiva.
QUE APRENDEMOS :
Ao estirar o globo inferior (diafragma), os globos do interior (pulmóns) ínflanse
(inspiración); ao empuxalo desiflan (expiración).
Aprendemos
así con este experimento:
As
partes do aparello respiratorio por onde pasa o aire (nariz, boca, tráquea,
bronquios, pulmóns, diafragma e caixa torácica)
O seu
funcionamento coa inspiración e a expiración.
Tamén a súa importancia para a nosa vida diaria estando tanto en reposo como realizando actividade física.
No hay comentarios:
Publicar un comentario