jueves, 25 de junio de 2026

 ARQUIVO EXPERIMENTOS 2026

Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue aumentando!

Os experimentos creámolos sobre uns deseños que preparamos. Cambia o bordo segundo o material principal que empreguemos, por exemplo ovos, latas... ou se se trata dun experimento de luz, cor, electricidade..., así é máis fácil clasificalos e atopalos.



RESPIRACIÓN E VIDA. A VIAXE DO AIRE


MATERIAIS :

Botella de plástico transparente 2 L (Caixa torácica).

3 globos medianos/grandes (pulmóns e diafragma).

3 tubos flexibles en “Y” ( Tráquea e bronquios ).

Cinta adhesiva ou celo para selar.

Tesoiras.

 

COMO SE FAI :

1. Cortamos a base da botella.

2. Despois coa axuda da cinta adhesiva une os tubos formando unha “Y” e suxeita un globo a cada extremo inferior con cinta tamén, asegurándonos que non haxa fugas de aire.

3. Posteriormente facemos a montaxe interior pasando a parte superior dos tubos pola boca da botella e selar con cinta a tapa perforada.

4. Cortar o pescozo dun globo grande, estiralo e colocalo tapando a base cortada da botella para despois fixalo ou sellalo con cinta adhesiva.

 

QUE APRENDEMOS :

Ao estirar o globo inferior (diafragma), os globos do interior (pulmóns) ínflanse (inspiración); ao empuxalo desiflan (expiración).

Aprendemos así con este experimento:

As partes do aparello respiratorio por onde pasa o aire (nariz, boca, tráquea, bronquios, pulmóns, diafragma e caixa torácica)

O seu funcionamento coa inspiración e a expiración.

Tamén a súa importancia para a nosa vida diaria estando tanto en reposo como realizando actividade física.







 

DETECTIVES DE PH (CÚRCUMA)

 

 DETECTIVES DE PH


QUÉ VAS APRENDER?

  • A medir o PH dalgúns produtos, dende os máis ácidos aos máis básicos.
  • A cúrcuma é laranxa porque ten un pigmento chamado curcumina e cambia de cor según o PH dos produtos.
MATERIAIS:
  • Cúrcuma.
  • Limón.
  • Bicarbonato.
  • Amoniaco....
PASOS:
  1. Colocamos a cúrcuma diluida en alcohol en varios recipientes.
  2. Preparamos diferentes produtos e unha escala de PH.
  3. Cunha pipeta botamos diferentes produtos na mezcla.
  4. Miramos que tipo de PH teñen segundo como fan cambiar a cor.
  5. Buscamos a cor na escala de PH e clasificamos os produtos segundo sexan ácidos ou bases.




domingo, 21 de junio de 2026

ANTOTIPIA E CIANOTIPIA

A cianotipia e a antotipia son dúas técnicas de impresión fotográfica artesanal que empregan a luz do sol. 

Probamos estas técnicas, observamos e comparamos como se comporta cada unha.

MATERIAIS:

ANTOTIPIA  DE CÚRCUMA OU DE REMOLACHA

- 2 culleradas de po de cúrcuma ou de remolacha

- 100 ml de alcohol

- Flores e follas secas

- Cartolinas brancas

- Metacrilato ou cristal

COMO SE FAI

Disolver o po de cúrcuma ou de remolacha no alcohol. Pintar a cartolina e deixar secar uns minutos. Colocar al flores sobre a cartolina, colocar a placa transparente enriba e poñer ao sol polo menos unha hora.

CIANOTIPIA

- Papeis fotosensibles

- Flores e follas secas

- Metacrilato ou cristal

COMO SE FAI

Colocar al flores sobre papel fotosensible, colocar a placa transparente enriba e poñer ao sol. Despois de dúas horas, retirar as flores e pulverizar con auga.


QUE APRENDEMOS

A súa principal diferencia radica na composición: a cianotipia emprega químicos artificiais (sales de ferro) que crean imaxes azuis en papeis fotosensibles, mentres que a antotipia emprega pigmentos orgánicos de plantas. 

Na antotipia  prodúcese unha reacción de fotodegradación. Non hai revelado químico; a luz solar incide directamente sobre o papel pintado con pigmentos vexetais, alterando a súa estructura. As imaxes obtidas son temporais e fráxiles.
Na cianotipia a luz ultravioleta (o sol) provoca unha reacción química que crea un ton azul de Prusia, A imaxe revélase con auga, que detén a reacción e fixa a fotografía. É unha técnica resistente ao paso do tempo.

A comparación entre o emprego de diferentes pigmentos vexetais permitiu comprobar que a cúrcuma reacciona con maior rapidez á exposición da luz, facendo visibles os cambios nun tempo menor. Pola contra, o po de remolacha require un período de exposición máis prolongado para que as cores se fixen e o contraste da imaxe sexa apreciable. Esta diferenza permitiu ao alumnado comprender que os distintos pigmentos naturais presentan unha sensibilidade diferente á luz e, polo tanto, precisan tempos de exposición distintos para obter resultados óptimos.

lunes, 1 de junio de 2026

Pintura explosiva

  
Materiais

Bolsa con peche (tipo zip)

Vinagre

Bicarbonato

Colorante ou pintura

 

 Pasos

Bota vinagre e colorante dentro da bolsa.

Engade bicarbonato (rápido).

Pecha ben a bolsa e déixaa no chan.

 

Que pasa?

A bolsa ínchase… e pode “explotar” suavemente soltando cor!

 

Explicación

O gas fórmase dentro da bolsa e acumúlase ata que precisa saír.

 


EFECTO VENTURI

 

     QUE PRECISAMOS?

    - 2 PALLIÑAS

    - TESOIRAS

    - CINTA ADHESIVA

    - AUGA

    - RECIPIENTE    

    - ESPELLO

    

    COMO SE FAI?

PROCESO DE FABRICACIÓN


   QUE APRENDEMOS?

    Cando sopramos pola palliña horizontal, o aire móvese moi rápido. Ese aire "axuda" a subir auga pola     outra palliña. A auga sobe, sae disparada e chega ata o espello. Isto ocorre por un fenómeno científico     chamado "efecto Venturi". O aire que vai rápido crea unha zona onde hai menos presión e fai que a        auga sexa "aspirada" cara arriba.


    



viernes, 22 de mayo de 2026

PODE O FERMENTO INCHAR UN GLOBO

 QUE PRECISAMOS?

- 3 BOTELLAS DE AUGA BALEIRAS

- 3 GLOBOS

- AZUCRE

- FERMENTO PARA PAN

COMO SE FAI?

ATEMPERAMOS AUGA A UNS 38º, NUNHA BOTELLA BOTAMOS AUGA MORNA FERMENTO E AZUCRE, NOUTRA AUGA FRÍA E FERMENTO E NA ÚLIMA AUGA FRÍA, FERMENTO E AZUCRE...TOCA ESPERAR. QUE PASARÁ?

QUE APRENDEMOS?

QUE O FERMENTO É UN SER VIVO QUE NECESITA  ALIMENTO E ESTAR NUNHAS CONDICIÓNS DE TEMPERATURA AGRADABLES. O FERMENTO EMPEZA A COMER AZUCRE E PRODÚCESE UNHA REACCIÓN QUÍMICA, DIÓXIDO DE CARBONO, UN GAS QUE FAI QUE O GLOBO SE INCHE, SE NON HAI ALIMENTO ESA REACCIÓN NON SE PRODUCE E SE A AUGA ESTÁ MOI FRÍA A REACCIÓN É MOI LENTA.


martes, 24 de marzo de 2026

PINTURAS EFERVESCENTES 🟣🖌️🫧

 PINTURAS EFERVESCENTES 🟣🖌️🫧


🔬 Materiais


• Auga

• Témperas

• Bicarbonato

• Vinagre

• Pinceis

• Cartolinas

• Pipetas


🧪 Procedemento

1. Mesturamos 2 culleradas de témpera líquida, 1 cullerada de bicarbonato e 1 cullerada de auga.

2. Removemos moi ben.

3. Pintamos libremente sobre a cartolina.

4. Coas pipetas engadimos vinagre enriba… e comezan a sair burbullas nos nosos debuxos!!


🔎 Explicación científica


Ao botar o vinagre sobre a pintura, aparecen burbullas efervescentes e a pintura lisa pasa a ter relevos. Isto ocorre porque o bicarbonato reacciona co ácido acético do vinagre, producindo dióxido de carbono, que sae en forma de pequenas burbullas.








viernes, 27 de junio de 2025

ARQUIVO EXPERIMENTOS 2025

Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue aumentando!

Os experimentos creámolos sobre uns deseños que preparamos. Cambia o bordo segundo o material principal que empreguemos, por exemplo ovos, latas... ou se se trata dun experimento de luz, cor, electricidade..., así é máis fácil clasificalos e atopalos.



martes, 24 de junio de 2025

🐛VERMES QUE MEDRAN

Con esta experiencia descubrimos o fenómeno denominado capilaridade. Descubrimos como a auga é capaz de subir por espacios moi pequenos como é entre as fibras do papel.

Materiais:

- Papel de cociña.

- Auga.

- Un pau de brocheta.

- Pegamento.

- Un contagotas.

  






💦A DENSIDADE DA AUGA

 

Con este experimento aprendemos que a auga quente, que tinguimos de cor vermella é máis densa que a auga fría, tinguida de cor azul, eso fai que non se mesture cando esta na parte superior, cando invertimos a posición do vaso e o azul queda na parte de arriba o quitar o plástico que as separa as cores , e dicir, a auga mestúrase.

miércoles, 4 de junio de 2025

🌿 OBSERVAMOS ESTOMAS

Os estomas son pequenas aberturas situadas especialmente no envés das follas das plantas, que lle permiten respirar e manter a humidade necesaria.

Realizar esta observación é moi sinxelo, simplemente precisamos:

- Unha folla.

- Laca de uñas transparente.

- Un anaco de celo.

- Un microscopio con bastante aumento.

Ao botar a laca de unllas na folla vaise pegar á capa máis superficial da folla, o celo vai arrincala e vainos permitir observar os estomas no microscopio. 





Que aprendemos?

Cando a planta precisa manter a humidade os estomas péchanse, cando precisa coller osíxeno e humidade ábrense.



lunes, 26 de mayo de 2025

🍶🥔DESCOMPOSICIÓN DA AUGA OSIXENADA

MATERIAIS:

  • Auga oxixenada
  • Unha pataca
  • Recipiente de cristal
  • Morteiro

PASOS:
  1. Mondamos a pataca e picámola.
  2. Poñemos os anacos de pataca no recipiente de cristal e cubrimos coa auga osixenada.
  3. Podemos probar en diferentes recipientes.
  4. Observamos o que ocorre.
  5. Probamos a machucar a pataca, cubrimos coa auga osixenada e comparamos.

EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:

  • A auga oxixenada (peróxido de hidróxeno) descomponse rapidamente ao entrar en contacto coa pataca, debido a que esta contén a encima catalasa que cataliza a descomposición en auga (que queda no fondo) e osíxeno (burbullas na superficie).
  • Un catalizador é unha substancia que, mesmo en cantidades moi pequenas, modifica enormemente a velocidade dunha reacción química. Esta reacción é exotérmica, o que significa que libera calor. 
  • Se a pataca está triturada, a superficie de contacto entre a catalasa e o peróxido de hidróxeno aumenta, o que acelera aínda máis a reacción e a liberación de oxíxeno.

martes, 20 de mayo de 2025

🧪FLUORESCENCIA CON TÓNICA🧪

MATERIAIS:

-Tónica

-Auga

-Lanterna con luz ultravioleta.

-2 vasos de cristal

-Sal

PASOS:

1. Enchemos un vaso de auga e outro vaso con tónica.

2. Apagamos as luces e enfocamos ambos vasos coa lanterna de luz ultravioleta.

3. Observamos como o vaso que contén tónica absorbe a luz ultravioleta e reacciona emitindo luz azul e comparámolo co vaso que contén auga que non ten esta propiedade.

4. Engadimos unha cullerada de sal no vaso de tónica.

5. Enfocamos de novo a escuras e observamos como o vaso de tónica perdeu a propiedade de fluorescencia e se asemella ao vaso de auga.


EXPLICACIÓN:

A tónica presenta fluorescencia debido a que contén unha substancia denominada quinina, que é un alcaloide presente na corteza da árbore da Cinchona.

A quinina contén compostos chamados fósforos, estas substancias brillan cando son golpeadas con determinadas lonxitudes de onda de espectro EM, incluida a luz ultravioleta. Os fósforos absorben a luz ultravioleta que a emiten de novo en forma de luz azul brillante.

Finalmente o disolver sal na tónica observamos que perde a súa fluorescencia. Esto débese a que a quinina reacciona coas particulas de cloro que contén a sal , reducindo a súa fluorescencia.








martes, 11 de febrero de 2025

👩🏻‍🔬11F. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 👩🏻‍🔬

Este ano para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia recordamos a Rosalind Franklin e o seu maior descubrimento.

Comezamos buscando información sobre ela no libro Mujeres de ciencia e descubrimos que foi química e cristalógrafa, feito que lle permitiu facer a primeira fotografía da forma do ADN. Tamén descubrimos que lle roubaron a autoría e non se lle recoñeceu ata moitos anos despois.

Investigamos sobre o que é o ADN, e para comprendelo comparámolo con un mapa, pero do noso corpo. Para non olvidar o aprendido construímos unha estructura de ADN con gominolas.


 
 
MATERIAIS PARA CONSTRUÍR A FORMA DE ADN:
- Gominolas de regaliz.
- Gominolas de 4 cores.
-Palillos.
- Dous folios cos nomes das parellas de compoñentes do ADN (Adinina-Timina) (Guanina-Citosina).
 
 PASOS:
1º- Separar as gominolas por cores e asignar a cada compoñente unha cor. 
2º- Coller os palillos e insertarlle as parellas de gominolas en cada extremo.
3º- Insertar as parellas de gominolas en dúas regalices.
4º- Xirar en forma helicoidal.
 

 


lunes, 10 de febrero de 2025

❄️NEVA, NEVA!❄️

 MATERIAIS:
  • Auga
  • Pintura branca
  • Aceite
  • Lámina cunha paisaxe dentro dunha funda de plástico
  • Pipeta
  • Pincel
PASOS:

  1. Tinguimos auga cun pouquiño de pintura branca, para non variar as súas moléculas.
  2. Engraxamos a funda cun chisco de aceite.
  3. Botamos coa pipeta pinguiñas de auga branca, simulando folerpas.
  4. Movemos amodiño as pingas co pau do pincel, xuntámolas...
  5. Recollémolas absorbéndoas coa pipeta.

EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:

Podemos arrastrar unha pinga de auga grazas á súa tensión superficial que é a forza que fai que as moléculas de auga adhíranse entre sí, formando unha "pel" elástica na superficie do líquido.
A moléculas de auga atráense entre si debido ás forzas de cohesión que permiten que a pinga mantéñase unida e resista as forzas externas, como a gravidade, sempre que a forza non sexa maior que a tensión superficial.



viernes, 7 de febrero de 2025

👻PANTASMAS BAILARINAS👻

 MATERIAIS:

- xudías brancas

- rotulador negro

- tarro con auga

- bicarbonato

- vinagre

- culler

PASOS:

1. Creamos as nosas pantasmas pintando ollos e boca nas xudías.

2. Botamos auga nun tarro.

3. Engadimos unha cullerada de bicarbonato e mesturamos.

4. Botamos o vinagre.


EXPLICACIÓN CIENTÍFICA:

Cando mesturamos o bicarbonato co vinagre libérase gas (dióxido de carbono) en forma de burbullas, que ao "pegarse ás pantasmas" fan que suban e baixen movéndose como si bailasen.

jueves, 16 de enero de 2025

🌧️ESTADOS DA AUGA E AS SÚAS PROPIEDADES

 Atopar no mes de xaneiro carambelos de xeo colgando na villa do patio motivounos a investigar sobre os distintos estados da auga, a diferencia entre estalagmitas, estalactitas e a realizar un par de experimentos.

Materiais empregados:

Para a observación do proceso de evaporación e cristalización dos sales minerais:

- Unha cartolina oscura.

- Un vaso.

- Auga.

- Sal.

Para o proceso de observación do ciclo da auga do mar:

- Un recipiente grande 

- Un recipiente pequeno.

- Auga quente.

- Colorante azul.

- Unhas pedras de xeo.

- Film transparente.

- Unha pedra.

Proceso do primeiro experimento:

1º. Mesturamos a auga co sal e cun pincel pintamos sobre a cartulina. 

2º. Deixamoa secar de un día para outro.

Procedemento para o segundo experimento:

1º. No recipiente grande poñemos a auga quente e mesturamos co sal e co colorante.

2º. Poñemos un recipiente pequeno coa pedra no medio do recipiente grande.

3º. Tapamos con film transparente.

4º. Observamos como comeza o proceso de condensación/precipitación.

5º. Despois de unha hora destapamos o recipiente grande, collemos o recipiente pequeno e observamos como a auga que contén é incolora e insípida.


sábado, 30 de noviembre de 2024

🧙🏻‍♀️FACEMOS POCIÓNS

MATERIAIS:

  • Vinagre
  • Colorantes alimentarios
  • Bicarbonato 
  • Clara de ovo
  • Recipientes
  • Pipetas
  • Arañas, lagartas e vermes.

PASOS:

  1. Facemos caveiras poñendo en moldes bicarbonato mesturado cun chisco de auga e esperamos un día ata que endurezan.
  2. Preparamos ollos con bicarbonato mesturado cun pouco de auga e agardamos un día ata que se endurezan.
  3. Poñemos vinagre en recipientes con diferentes colorantes e dámoslle nomes fantásticos: mexo de gato, sangue de vampiro, cuspe de dragón, veleno de serpe...
  4. Batemos clara de ovo e botámola nun recipiente etiquetándoa como babas de caracol.
  5. Poñemos bicarbonato nun prato e chamámoslle óso moído.
  6. Facer diferentes apócemas mesturando ao gusto os ingredientes preparados previamente. Soamente teñen unha condición: empregar a lo menos un ingrediente branco e un líquido.



EXPLICACIÓN CIENTÍFICA

O bicarbonato e o vinagre reaccionan quimicamente formando un gas, dióxido de carbono.

Se incorporamos clara de ovo a mestura espésase polo que sae máis densa.


lunes, 1 de julio de 2024

ARQUIVO EXPERIMENTOS 2024

 Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue crecendo e xa imos polo segundo tomo! Os experimentos creámolos sobre uns deseños que preparamos. Cambia o bordo segundo o material principal que empreguemos, por exemplo ovos, latas... ou se se trata dun experimento de luz, cor, electricidade.... Así é mais fácil clasificalos e atopalos.



  ARQUIVO EXPERIMENTOS 2026 Estes son os novos experimentos que fixemos este curso. O noso libro de experimentos segue aumentando! Os experi...